Agasallo de libro galego


Como campaña de fomento da lectura, agasallamos aos que se pasen pola biblioteca durante esta semana das Letras Galegas cunha aventura de acción mareante (no mar).



 O grumete da Pinta, de Xosé Lois Ripalda.

Un relato miñorano na localización (Baiona no 1493), e pola parte que lle toca ao seu autor, que foi mestre en Priegue, Sabarís e Belesar.

Ademais temos unha exposición dos libros de Uxío Novoneyra, e outra de carteis sobre este escritor, protagonista do Día das Letras Galegas 2010.