Arquivo da categoría: Contacontos na biblio
Así foi o contacontos
Contos de estación.
Así foi o contacontos
A aventura de Daniela Pirata.

Contacontos. Xoves 26 setembro, 18:00 h

A aventura de Daniela Pirata.
Carla Muñoz.
XOVES 26 DE SETEMBRO ÁS 18:00 H.
Bebés (0 a 3 anos)
Nenos e nenas: 4 a 10 anos
Duración da actividade: 60 minutos
Contacontos interactivo no que a través do conto sobre igualdade de xénero, Daniela Pirata, teremos que supera 7 probas para converternos nuns auténticos piratas. Ó finalizar e obter o desexado tesouro, teremos que enfrontarnos có Capitán que non permitirá que as nenas sexan piratas no seu barco. Na actividade, xogaremos, cantaremos, bailaremos, pintarémosnos e loitaremos contra a desigualdade.
Así foi o contacontos
Contacontos
Contacontos infantís na biblioteca:
- Vén a conto. (3-12 anos). Raquel Queizás. XOVES 19 DE SETEMBRO ÁS 18:00 H. Contos para educar a intelixencia emocional. O sol loce sobre un fermoso ceo violeta. A señora Teresa almorza galletas sen présa, mentres lembra unha brincadeira de cando era nena. Aldariña prepara a mochila cos libros e o medidor de insulina para ir ao cole axiña . Pedro quedou durmido co libro pegado ao couquizo… Comeza o día en vila Conto. Os paxaros libro cantan: “Había unha vez”. Xogo a que Conto se chama esa vila na que eu moro, onde os paxaros libro me contan historias dos veciños e as veciñas. Historias para vencer a soidade, para resolver conflitos de forma positiva, para gañar amigos e perder inimigos. Todas e todos merecemos unha oportunidade para ser mellores…
- A aventura de Daniela Pirata. (0-10 anos). Carla Muñoz. XOVES 26 DE SETEMBRO ÁS 18:00 H. Contacontos interactivo no que a través do conto sobre igualdade de xénero, Daniela Pirata, teremos que supera 7 probas acompañados de Daniela para converternos nuns auténticos piratas. Ó finalizar as probar e obter o desexado tesouro, teremos que enfrontarnos có Capitán Orella Cortada que non permite que as nenas sexan piratas no seu barco. Durante a actividade, xogaremos, cantaremos, bailaremos, nos pintaremos e loitaremos contra a desigualdade.
- Contos de estación. (0-8 anos). Loreto Pertíñez. MÉRCORES 2 DE OUTUBRO ÁS 18:00 H. Contacontos interactivo que, tomando como referencia a estación do ano, acercaranos á natureza, permitindo a estimulación sensorial ó tempo que desfrutamos dos contos. Partindo dun escenario no chan, un rato realiza unha viaxe na que se narra, a través de varios contos (Oh! George! de Chris Haughto e Historias de ratones de Arnold Nobel entre outros), a aventura que vive e o agasallo que recibe por axudar ós demais. Cada conto vai asociado a unha actividade como: – Manipular elementos (xeo, follas secas, area, flores) e froitos da estación. – Separar prendas da estación – Manualidade para decorar a árbore do escenario Ao final o rato emprega todos os agasallos para facer algo moi especial!
- Somos iguais. Contos pola igualdade. (3-12 anos). Raquel Queizás. XOVES 10 OUTUBRO ÁS 18:00 H. Queliña quere ser aviadora, gústalle vivir aventuras e contar historias. De pequena estaba farta de escoitar contos de PRINCESAS ROSAS e apoucadas e de PRÍNCIPES AZUIS e insensibles e un día dixo BASTA XA!!! Puxo o gorro e os anteollos de pilota e foi buscar contos para demostrar que nenas e nenos SOMOS IGUAIS. Si, igual de valentes e igual de sensibles. Dende a nenez pódese previr todo tipo de violencia mediante novos modelos de feminidade e masculinidade rachando así cos roles e estereotipos asignados. Desmontemos cos contos eses estereotipos que dificultan a convivencia pacífica entre nenas e nenos.