Contacontos na biblioteca.

IMPRESCINDIBLE INSCRICIÓN:
-Na Biblioteca.
-No correo: nigran.rbgalicia@eidolocal.es
-No tel.: 986383979
Faranse no xardín da biblioteca.
Podes traer a túa mantiña, toalla ou o que queiras para sentar no céspede.
SETEMBRO
Venres, 18 de setembro, ás 18:00 h, na biblioteca:
Daniela Pirata e as mozas pirata, de Donde Viven los Cuentos.

Categoría/s á/ás que pertence
- Narración oral
Público ao que vai dirixido
- Nenos e nenas: 4 a 8
Duración da actividade
60 minutos
Resumo do contido
Contacontos interactivo baseado no conto “Daniela y las chicas pirata” de Susana Isern, segunda de parte de “Daniela Pirata”. A nosa pirata preferida, Daniela, vivirá unha nova aventura co Caimán Negro. Nesta ocasión, coñeceremos ás Pirañas Intrépidas, un equipo de piratas mulleres que conseguirán cumprir as misión de Daniela con máis rapidez e eficacia. Daniela tratará de competir con elas para darse conta ó final de que xuntas son mellores. Unha aventura de cooperación trepidante. Na actividade os nenos acompañarán a Daniela na súa viaxe e experimentarán todas as dificultades que deberá superar.Para iso, xogarán, bailarán e se emocionarán nunha nova aventura pirata con valores moi actuais.
Venres, 25 de setembro, ás 18:00 h, na biblioteca:
Unha viaxe para cantar e contar, de Donde Viven los Cuentos.



Categoría/s á/ás que pertence
- Narración oral
Público ao que vai dirixido
- Bebés (0 a 3 anos)
- Nenos e nenas: 3 a 5
Duración da actividade
60 minutos
Resumo do contido
Este contacontos é unha viaxe polos sentidos. A través de diferentes contos e xogos con teas, obxectos, luces, sons e música, os máis cativos irán recorrendo na súa barquiña unha chea de illas nas que viviremos aventuras trepidantes o mesmo tempo que aprenderemos conceptos como: as cores, os números, as formas, as partes do corpo… Nesta sesión traballaremos con catro contos adaptados o galego: -Polo camiño -Animales a mano -Mi cara -La araña hacendosa
OUTUBRO
Xoves 1 de outubro, ás 18:00 h na biblioteca:
Cinema Marabillas. Ver para ler, de Raquel Queizás.




Categoría/s á/ás que pertence
- Audiovisual na biblioteca
Público ao que vai dirixido
- Nenos e nenas: A partir de 5 anos
Duración da actividade
50 minutos
Descubriremos a amizade entre o cine e a literatura infantil e xuvenil. Gozaremos coa proxección de fragmentos das primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos marabillosos e nos libros clásicos da literatura. O obxectivo e facerlles ver ás crianzas que esas historias que coñecen poden contarse de diferentes maneiras. Que entendan que o cine mudo é unha expresión que pode resultar moi divertida. Non faltará aventura, misterio, tenrura, maxia, fantasía e sobre todo moita imaxinación. A literatura é e sempre será unha gran fonte de inspiración para o cine. O cinema tamén se le: Polgariño (1909), Alicia no pais das Marabillas (1903), Peter Pan(1924), O Mago de Oz (1910).
Xoves 8 de outubro, ás 18:00 h na biblioteca:
Travesías, de Raquel Queizás.



Categoría/s á/ás que pertence
- Narración oral
Público ao que vai dirixido
- Nenos e nenas: a partir de 3 anos
Duración da actividade
50 minutos
Agardan por nós viaxes cheas de aventuras nas que coñeceremos a nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños. Ata fai moi pouco tempo os contos infantís reflectían un mundo onde os mozos eran sempre os heroes que salvaban a unha débil princesa. E case nunca aparecían mozas decididas e resoltas. Pero agora podemos contar con contos que transmiten valores de igualdade, de respecto e convivencia entre nenas e nenos e entre mulleres e homes. Mudemos o conto!