Piratas, bruxas e outros amigos

O castelo de dona Carlota ten tres torres e unha porta.


Na torre de Arriba
vive Adosinda;
na torre do Medio
vive o príncipe Pedro;
e na torre de Abaixo
non se sabe
(é un misterio).


Ás noites, cando non dorme,
a princesa Adosinda escoita: Uhhhh, Ahhhh,
e ás veces tamén PATAPLÁN.
(A princesa Adosinda ten medo).


O príncipe Pedro, que é moi valente foi á
torre de Abaixo
a resolver o misterio.
–Quen anda aí? –preguntou coa espada en
alto.
Escoitou: Uhhhh,
Ahhhh,
e tamén escoitou: PATAPLÁN.
–Vaites! –exclamou o príncipe–.
Este ruído non é de pantasma,
que é de vento,
é o ruído dun vento,
ventiño, vento,
dos que enredan nos castelos.


A princesa Adosinda sorrí. Xa non ten medo!

Piratas, bruxas e outros amigos, de Daniel Ameixeiro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s